Contan os nosos antergos que nas illas dos Farellons ten a súa morada unha ninfa
mariña con corpo de muller e cola de peixe. Matínase que ten un pazo
submarino entre algas, coráis, lámparos e percebes, que algúns días galernosos
do inverno e outros intres de chuvia e vento surdidos de súpeto, deixase ver,
maxestuosa e sobranceira sobor do cucuruto da Sombriza, ou polas gretas da cova
de Xan Vello, sempre fiando co fuso na roca. As vaces mostrase como unha fermosa
doncela de louros e longos cabelos, que cos cantos atrae e engaiola ós mariñeiros.
Noutras ocasións asemellase a unha meiga fea e de ollos afundidos cos ademáns
de quererte atrapar coas mans de dedos largos e esmirriados. Sobor das intencións
que ten a nereida, interprétanse de varios xeitos. Uns din que e boa, que avisa
dos temporais e dos perigos que o mar agocha debaixo do seu enganoso oleaxe.
Pola contra, outros aseguran que a súa intención e sinistra, que está a enganar
ós navios e levalos contra as rochas, que ten envexa das mulleres dos mariñeiros,
sabedora da felicidade fogareña que disfrutaban durante o inverno, mentras están
os barcos resgardados no esteiro do río. Para delucidar esto, o segundo sábado
de Agosto, débese de ir a pescala e traela a terra, facerlle un xuizo e decidir
qué tal foi durante o ano. Se foi boa, bailar con ela ata o amencer, se resulta
que foi mala, quimala o rematala festa.